MUNDOS CREADOS   

Das máscaras africanas os refuxiados

Laura Robés Pérez
directora del departamento pedagoxico do Museo Fundación Eugènio Granell

en Santiago de Compostela

inf@fundacion-granell.or

 

“ Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia deben comportarse fraternalmente uns cos outros”

 

Artigo 1, Declaración dos Dereiros Humanos.

“ Toda persoa ten dereito a sair do seu país, mesmo do propio, e a volatr o seu país”.  

                            Artigo 13, Declaración dos Dereiros Humanos

Dereito a recibir asilo en outros paises  frente as persecucións.

                            Artigo 14, Declaración dos Dereiros Humanos

 

A Fundacion-Museo Eugenio Granell posúe unha colección de máscaras africanas que foi obxecto, en diversas ocasións, de actividades con escolares e outros usuarios propias dun departamento pedagóxico ou de educación dun museo. O obxectivo principal era amosar unha colección de pezas que posuen non só un valor artístico senón tamén cultural: fálannos a través da súa tipoloxía, das cores, dos materiais e do uso que delas se fai.

Na liña de abrir outros cauces na labor educativa do museo parecía unha responsabilidade eleva-lo nivel de formación dos escolares non só proporcionándolles información sobre as máscaras, senon que, ademáis, elas mesmas foran  o punto de partida para achegalos a unha realidade ben distinta. ¿E se fora posible ir un pouco máis aló? ¿Seríamos quenes de artellar unha actividade que, tendo como eixo esta colección, axudase a sensibilizalos con respecto a temas e realidades actuais?

 Os medios de comunicación amosan con moita frecuencia milleiros de persoas que foxen do seu país por mor dos conflictos bélicos. As máscaras da fundación pertencen a paises sitúanse en áreas nas que non se respetan os dereitos básicos dos homes: dereito a vida, a liberdade e á seguridade persoal. Éstes desprazados pódense atopar  en calqueira lugar do mundo, e tamén preto de nós, nembargantes ¿coñecemos o que  significa realmente ser un refuxiado?.

En 1951 creouse o Alto Comisionado das Nacións Unidas  para os Refuxiados (ACNUR), a finalidade era protexer e asistir ós refuxiados e buscar solucións duradeiras para eles. A Asociación España  con ACNUR posue un material didáctico que segue as directrices marcadas pola sede do ACNUR en Xinebra, puxémonos en contacto co seu Departamento de Educación e proporcionáronnos este material de forma gratuita e, iste, foio outro pilar para desenvolve-la actividade que hoxe presentamos.

 Das máscaras africanas ós refuxiados foi un proxecto levado a cabo dentro do programa de actividades do Departamento Pedagóxico, no ano 2001. Para o seu  desenvolvemento contamos coa colaboración de Irene  Iglesias Becerra, Amiga Infantil e Xuvenil da Fundación, e alumna do Colexio Nosa Señora dos Remedios. Ela realizou esta actividade cos seus compañeiros de 2º ESO de 14 anos de idade.

As máscaras africanas, fondos da colección permanente do Museo Eugenio Granell, expostas nas salas, foron o punto de partida para chegar a tratar un tema como a protección dos refuxiados e os dereitos humanos; para isto empregamos os carteis, vídeos e cuaderniños do material didáctico de España con ACNUR.

Tratábase de dar un primeiro paso cara a cultura da África Negra, a partir das súas máscaras é, ó mesmo tempo, axudándonos do material didáctico citado, fomenta-la apertura de miras e o respecto ós que posúen unha cultura propia e diferente.

As pezas da colección expostas nas salas amósannos outros xeitos de ve-lo mundo, e nos achegan a outras relixións e outras formas de entende-la arte. Non atoparemos estas máscaras nas rúas pero sí podemos atoparnos con xentes que veñen dos paises de orixe das mesmas e, ó mellor, son refuxiados.

Unha persoa da comunidade: unha alumna de 14 anos, Irene Iglesias Becerra, foi quén de falar ós seus compañeiros das máscaras e, tamén, lles axudou a entender que os refuxiados abandonan os seus paises porque non se respectan os seus dereitos humanos. Ademáis animou os compañeiros e compañeiras a que se identificasen  cos refuxiados, que son personas iguais que eles pero que perderon os seus fogares, as suas pertenzas e a patria.

O desenvolvemento completo deste proxecto tivo lugar na sala-taller que o museo posúe para actividades con grupos que visitan as exposicións. Un total de 70 alumnas/os, de 2º de ESO, divididos en dous grupos, participaron nesta actividade que se desenvolveu en tres sesións, polo que foi preciso que cada grupo visitara o museo en tres ocasións.

Unha vez tomada a decisión de facer algunha actividade co material didáctico que nos enviou España con ACNUR e que, o mesmo tempo, tiña que axustarse á exposición de máscaras do museo o seguinte paso foi pedir a Irene a sua colaboración, non só po-la axuda que nos podía prestar, senón, e sobre todo, por implicar no proxecto a unha persoa digamos de “fóra” do museo- aínda que Irene é visitante habitual e coñecedora das coleccións e exposicións que se presentan neste museo dende que tiña  9 anos-. A sua intervención dende logo aseguraba o éxito do proxecto que se pretendía; si ela participaba de xeito tan importante os seus compañeiros e compañeiras estarían moito máis interesados/as.

Na primeira visita  Irene explicou as máscaras expostas nas salas: quén as fai, cómo se utilizan e a súa tipoloxía.

Na segunda sesión cada escolar elabora  unha máscara.

A derradeira sesión estivo adicada os refuxiados. Traballouse en  grupos pequenos co material didáctico de España con ACNUR.  Cada un dos participantes leeu un dereito e, despois, Irene explicou a definición de refuxiado e animou os compañeiros e compañeiras a reflexionar sobre os dereitos dos exiliados nunha posta en común.

Escoitar e mesmo bailar música africana foi parte do desenvolvemento deste proxecto.

Esta actividade non sería o mesmo sen a colaboración desinteresada de Irene que aproveito para agradecer, son consciente do esforzo que lle supuxo. Ela pertence á comunidade de mozas e mozos desta cidade e amosa como o museo está aberto ós mais novos, que teñen aquí tamén algo que dicir, non sólo veñen a escoitar, ela colaborou na organización e desenvolvemento da actividade; e, dende logo, en todo momento se tivo en conta o seu parecer.

Quero agradecer públicamente o seu esforzo por acadar os obxectivos que nos marcaramos dende o principio.